contacto

SEARCH

29/05/2016

Good Bye Anna!

Este venres despedímonos de Anna, o curso pasou rapidísimo con ela e aprendemos moitísmas cousas da súa vida e de Wisconsin. 
Marchou coa promesa de volver se as circuntancias llo permiten, esperemos que así sexa.
Grazas Anna por todo, botarémoste moito de menos.












20/05/2016

MINIBEASTS

Hello everyone!

Os chicos e chicas de cuarto queren presentaros un libro de adiviñas que fixeron sobre "minibeasts" (bichiños), e que a próxima semana estará para todos dispoñible na biblioteca do centro.



Como eles mesmos din, esperamos que vos guste, e que valoredes todo o traballo que lles levou confeccionalo. Aquí vos deixo unha mostra deste esforzo.





A portada final decidiuse por votación entre todos pero as catro eran fantásticas.


A GENIUS BOY

Prestade moita atención porque este neno é asombroso, como dicimos en inglés: "He is really good at Maths", and he is only five years old.

E de paso prestade moita atención a como se expresan os números en inglés.

Are you good at Maths?




10/05/2016

TEST 6TH CLASS

O exame de inglés de 6º curso trasládase do día 19 de maio ao xoves 26 de maio, debido a que a próxima clase de inglés será o mesmo día 19.

O exame estará centrado no Pasado Simple, e entrarán actividades similares ao caderniño que fixestes e unha actividade de expresión escrita en pasado (carta, email ou postal).

21/03/2016

HERE COMES THE SUN

Aquí ven o sol", así se titula esta bonita canción dos BEATLES interpretada neste caso por un cantante descoñecido chamado Landon Austin, e así tamén celebramos que hoxe chega "THE SPRING" e con ela "THE SUN".

OUR FAVOURITE SONGS HERE

03/03/2016

Story Characters

Estes son os personaxes de conto que os nenos/as de terceiro escolleron para facer o seu libro "Story characters".
Quedaron fantásticos, fixeron dúas versións, unha feita a man para a biblioteca de aula e otra para a biblioteca de centro, feita coa tablet usando a app "explain everything".  Excelente traballo chic@s!






02/03/2016

SONG: I'm a skeleton

Divertida canción para estudar ou repasar as partes do corpo.

I'm a skeleton (Son un esqueleto)


17/02/2016

WHAT DO YOU WANT TO BE?

Xa tes claro o que queres ser de maior?
Neste vídeo escoitarás a algúns nenos e nenas reflexionando sobre o que queren ser de maiores, son encantadores, non deixes de velo.

Vídeo principalmente dirixido ao alumnado de 6º curso,  lembrade que tedes máis vídeos interesantes sobre o tema de JOBS, na unidade 4 do voso curso.


LONDON

Neste vídeo coñecerás as 10 atraccións máis estupendas da cidade de Londres.

ACTIVITY: AROUND TOWN

Actividades on line para os alumnos de 5º de Primaria.
Non esquezades que dentro da unidade 4 tendes moitas máis actividades relacionadas con este tema. Ánimo!

ACTIVITY 1: AROUND TOWN


ACTIVITY 2: AN AMERICAN TOWN




ACTIVITY 3: SMILING TOWN